O Tramvia Blau é un tranvía da parte alta da cidade de Barcelona xestionado por TMB, que une a estación de Avinguda Tibidabo, que é cabeceira da liña L7 de FGC co pé do Funicular do Tibidabo.
Foi inaugurado en 1901. Posteriormente sufriu remodelacións os anos 1922 e 1958.
Ata a inauguración do Trambaix era a única liña de tranvía que se conservou en toda Barcelona (despois de que na maior parte da cidade fosen substituídos por autobuses durante as décadas dos 60 e 70). Ademais ten unha función máis ben turística, por iso non está integrado e ten unha tarifa especial.